Menos percebe pero de excelente calidade

    percebeirosillasatlanticas100.jpgRIBEIRA> Os percebeiros de Aguiño comezaron a pasada semana a traballar na zona sur das súas concesións, no contorno das Illas Atlánticas.

    {flowplayer}barbanza/percebeirosillasatlanticas.flv{/flowplayer}

    Cada ano, a apertura da zona sur entre Sálvora, Sagres e Vionta garante ós percebeiros de Aguiño marisco de excelente calidade. Comezaron a traballar nesta concesión a pasada semana e, a pesar de que non é difícil acadar os topes, detectaron unha menor presenza de percebe que en anos anteriores.

    Moita cría

    Dende a confraría non se amosan preocupados posto que xa observaron moita cría o que augura unha boa campaña cara ó próximo ano. Neste, seguirán a traballar na contorna das Illas Atlánticas ata febreiro cando volven pechar ata a reapertura en novembro.

    Na actualidade, os percebeiros tan só saen unha media de dous días á semana para garantir a abundancia dos recursos de cara á campaña de Nadal.

    Redacción Barbanza