Vivenda adxudica a segunda fase de Espiñeira a ‘Taboada y Ramos S.L.’

    poligonoespieira_100_260707.jpgBOIRO > A Consellería de Vivenda e Solo adxudicou as obras de urbanización da segunda fase do polígono de Espiñeira á empresa  ‘Taboada y Ramos S.L.’.

    Ó concurso público convocado pola Consellería de Vivenda e Solo o pasado día 24 de maio presentáronse un total de trinta empresas, entre as que finalmente resultou adxudicadaria a compañía ‘Taboada y Ramos S.L.’.

    A mesa de contratación valorou a proposta económica, a planificación da obra, o equipo humano dispoñible, os materiais a empregar e a experiencia da empresa en actuacións similares.

    En total destinaranse 2.528.500 euros na urbanización da segunda fase do parque empresarial que comprende unha superficie próxima ós 72 mil euros. Crearanse 24 parcelas de entre 1.500 e 3.000 metros cadrados, mentres que a superficie restante destinarase para o sistema viario, dotación de servizos e espazos libres.

    Actualización do proxecto

    A contratación desta obra supón unha moi boa nova para o concello de Boiro que levaba anos agardando pola ampliación de chan industrial no seu termo municipal.

    A actuación veuse retrasada pola necesidade de actualizar o proxecto de urbanización que databa de 1996. As modificacións introducidas contemplan o acondicionamento das parcelas resultantes, de forma que os adxudicatarios non teñan que facer movemento de terras adicional para construí-las súas instalacións. Tamén se realizará unha mellora na calidade das instalacións eléctricas e de telefonía para optimiza-los servizos das empresas.

    Redacción Barbanza