O alto prezo da volandeira está a salvar a campaña do bou de vara

    RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.