Marchan sen pagar tras encher o depósito nunha gasolineira da Pobra

A POBRA> Dous individuos marcharon se pagar despois de encher o depósito nunha gasolineira da Pobra. Utilizaron o pretexto de que a tarxeta estaba bloqueada e aproveitando un descoido do empregado déronse á fuga.

As estafas en establecementos comerciais non son nada novo aínda que cada vez máis xorden novas escusas para marchar sen pagar. Foi o que pasou nesta gasolineira da Pobra onde utilizaron o pretexto de que a tarxeta de crédito estaba bloqueada.

O propietario da estación de servizo xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Aínda que é consciente de que ten pouco percorrido, posto que a cantidade estafada non supera os 80 euros, pretende contribuír a que os presuntos timadores non sigan a facer das súas.

Malia que desta volta tocoulle a el, Manuel Durán  insiste en que se tratou dun feito illado e que afortunadamente este tipo de sucesos non son moi habituais.