A Corporación deixará de asistir ás procesións pese ós votos en contra de PP e IVIL

    plenovilagarcia100_270707.jpgVILAGARCÍA > A Corporación aprobou hoxe a proposta do equipo de Goberno de marcar o seu caracter aconfesional e deixar de asistir de xeito oficial ás celebracións relixiosas.

    … A proposta topouse de fronte coa oposición do Partido Popular e IVIL, que consideran darlle as costas ós veciños que cursan estas invitacións á corporación municipal.

    plenovilagarcia_pp_200_270707.jpgO portavoz do PP chegou a preguntar ‘¿que cambiou para que agora se poña esto enriba da mesa de forma tan urxente?, lembrando que nos últimos 16 anos co PSOE gobernando con maioría, si se asistía a eses actos. Tomás Fole considerou isto ‘unha cortina de fume’ para que este verán se fale disto e non doutros asuntos, en referencia á dimisión de Enrique León.

    O goberno quixo deixar claro que calquera edil pode asistir a estes actos a título individual e ‘que non se xulgan nin prexulgan actitudes individuais’, afirmou o portavoz do PSOE Marcelino Abuín. O máis crítico coa postura popular foi o portavoz de Esquerda Unida Juan Fajardo, que lle espetou a Tomás Fole: ‘en realidade, a ti o que che molesta non é que se nos considere aconfesionais, senón a posibilidade de non figurar na procesión, que che quiten o sitio preponderante’.

    NOVOS EDÍS

    plenovilagarcia_novosedis_270707.jpgNo pleno de hoxe tomaron posesión dos seus cargos como edís do PSOE, José Rafael Membrives Rojas, en sustitución de Carlos Guerrero, e Susana Camiño Pérez, que ocupa a vacante deixada polo ex alcalde Enrique León. A sesión, de carácter extraordinario, serviu para deixar constancia da organización do novo goberno, ademais de nomear ós representantes da corporación nos órganos colexiados dos que forma parte.

    Destacar que no Consello de Administración da Autoridade Portuaria estarán ademais da alcaldesa, Marcelino Abuín polo PSOE, Ramón Bueno por Esquerda Unida e Rivera Mallo por IVIL. Neste punto, a sorpresa foi a abstención de Esquerda Unida, que a xustificou pola presencia do edil independente neste órgano, ó tempo que lle pediu ó PSOE que ‘debe definir se prefire un acordo con IVIL ou con IU’. Por outra banda, na Mancomunidade do Salnés irán ademais da rexedora, Tomás Fole, do PP e Xosé Castro Ratón polo BNG, os únicos edís que se presentaron como candidatos a ter esta representación.

    O PP abriu o debate plenario criticando a súa ausencia da reunión preparatoria deste pleno e, en consecuencia da maioría dos órganos colexiados. Para Tomás Fole ‘esta estratexia pode ser un castigo ou vinganza’ pola súa denuncia sobre a inelixibilidade de Enrique León. A resposta do equipo de goberno foi ben clara: ‘non se pide diálogo cando se xeran zancadillas’, indicoulle o portavoz do PSOE, mentres que o nacionalista Xosé Castro Ratón dicíalle: ‘amigo Tomás o vitimismo é unha estratexia política pero a decisión de colocarse nese illamento non é culpa do resto de grupos’.

    Redacción Salnés