![]()
VILAGARCIA> UXT Arousa comezou hoxe cos actos conmemorativos do Día da Muller Traballadora. Nesta xornada inaugural, as sindicalistas fixeron un …
{flowplayer}images/salnes/uxt_vilagarcia_muller_traballadora.flv{/flowplayer}
…resumo da situación actual das mulleres no mercado laboral; no que a actual crise, lonxe de equiparar os postos, está provocando que medre o emprego a tempo parcial e en precario. Antes da charla impartida pola Secretaria de Servicios Sociais a políticas de Igualdade de UXT Galicia, quíxose recoñecer o traballo dunha das moitas mulleres traballadoras que ten esta comarca. Desta volta sobranceouse a labor de Dolores Torreido Vila, Delegada sindical e traballadora na Residencia de Anciáns local Divina Pastora.
No transcurso deste acto tamén se presentou a terceira edición do Concurso fotográfico Muller e Traballo, que abre hoxe mesmo o seu período de recepción de traballos ata o vindeiro 24 de marzo. Logo, o xoves 31 de marzo, darase a coñecer o gañador do mesmo nun acto que terá lugar no Auditorio de Vilagarcía.
Redacción Salnés






