Lousame ten a punto a súa piscina para o inicio da tempada estival

LOUSAME> Acompañamos hoxe á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, durante a visita que realizou á piscina municipal. A instalación vén de sufrir unha importante remodelación para poñela a punto de cara a época estival.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, comprobaba esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses na piscina municipal que supuxeron un investimento duns 140 mil euros, con cargo Plan Único da Deputación da Coruña. Entre outras actuacións as supuxeron a substitución do antigo pavimento e a ampliación da zona de praia

A intención do Concello pasa por abrir a piscina o vindeiro 1 de xullo, prolongándose a actividade nela ata o 15 de setembro.

O Concello xa abriu tamén o prazo para a preinscrición nos cursos de natación que se iniciarán o vindeiro 5 de xullo. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden tramitalas a través da concellaría de Deportes ou ben na plataforma dixital de pagos na que poden realizarse tamén  tanto os abonos diarios como os mensuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí