{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/psoe_vila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/psoe_vilagarcia_porto.mp4{/flowplayer}
VILAGARCIA> A executiva socialista de Vilagarcía ven de realizar duras acusacións contra a Autoridade Portuaria desta capital arousá. A base da súa denuncia son as obras de rexeración da banqueta da dársena 2 que se fixeron, segundo denuncian, con material de refugallo. Uns termos que negan desde a propia autoridade portuaria. Os socialistas de Vilagarcía están preocupados pola situación medioambiental do entorno portuario de Vilagarcía. Neste senso, interesáronse a través da súa voceira no Parlamento, Patricia Vilán, a petición do membro do consello portuario, o edil vilagarcián Lino Mouriño sobre o xeito no que se levaron a cabo as obras de rexeración do asento da banqueta do peirao da dársena 2. Segundo eles, hai informes do Seprona e informes da Consellería de Medio Ambiente de esta actuación se fixo con material de refugallo, desbotado das últimas obras executadas no entorno portuario, e que sen altamente contaminantes no entorno mariño. Un feito que, segundo eles, podería conlevar unha sanción medioambiental e que podería por en perigo os certificados medioambientais dos que xa consta o Porto Vilagarcián. Pola súa banda, a voceira do PSOE vilagarcián salientou a falla de información e transparencia ca que adoita actuar a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Un escurantismo polo que pide responsabilidades políticas. Os socialistas, na figura de Liño Mouriño, representante desta formación política no Consello da Autoridade Portuaria criticou tamén a falla de luz e taquígrafos nas decisións que se adoptan neste ente, e que poden ter vital importancia para a Cidade de Vilagarcía e ás súas xentes. Pola súa banda, a Autoridade Portuaria ven de respostar que non ten ningunha notificación nin sanción do Seprona nin da Consellería de Medio Ambiente por ditas obras. É certo que visitaron as mesmas e lle requiriron información pero non impediron o desenvolvemento das mesmas xa que logo o Porto fora transparente cos pormenores de ditas actuacións; nos que se controlaron e rectificaron as obras para que o material vertido só foron áridos. Amais, apuntan a que a banqueta do peirao foi feita conforme ás normas medioambientais vixentes e a Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, con material de Categoría I: non contaminantes,e sen incidencia significativa na flora e fauna mariña.