Louzán homenaxea ás polbeiras nas inauguracións de Pontearnelas

    pontearnelas_escultura100_300707.jpgVILANOVA > Pontearnelas estreou o seu entorno renovado coincidindo coa súa popular romaría de Santa Marta. A zona …

    … recupera a imaxe que ofrecía hai cincuenta anos, sen tráfico viario atravesando o pobo.

    As polbeiras de Santa Marta foron as principais protagonistas esta pasada fin de semana. Non só pola romaría que se celebra en Pontearnelas cada 29 de xullo, senón porque a elas se lle dedicou a escultura inaugurada este sábado. Esta instalada sobre a nova glorieta construída na intersección das estradas PO300 e PO301, que conectan Vilagarcía con Pontearnelas e Cambados con Vilanova. É a terceira que se coloca dentro do proxecto da variante de Pontearnelas.

    pontearnelas_pontepeonil200_300707.jpgA do sábado foi unha xornada de inauguracións neste entorno. A Deputación aproveitou a celebración da romaría de Santa Marta para abrir a antiga Ponte dos Padriños. A actuación permitiu a renovación do pavimento na calzada e nos accesos, coa instalación de adoquíns de pedra, ademais restaurar a varanda. A circulación por esta ponte será de carácter semipeonil, dando servizo ó tráfico local e ós peóns.

    Louzán tamén estreou a nova pasarela peonil que, por debaixo da nova ponte de Santa Marta, permite cruzar o río Umia a pé. Trátase dunha estructura metálica forrada de madeira e cunha lonxitude de sesenta metros. As actuacións forman parte dun ambicioso proxecto no que xa se investiron máis de 4 millóns de euros.

    pontearnelas_santamarta200_300707.jpgAgora queda pendente o espazo onde se celebran as verbenas de Santa Marta, que afecta ó Concello de Cambados. Louzán adiantou que xa abriron conversas cos propietarios dos terreos. Outro agasallo que recibiron os romeiros é que a partir deste ano a festa terá catro días de programación.

    Redacción Salnés