A ILLA > Miles de mariñeiros acompañaron o pasado sábado á imaxe do Carme no seu percorrido polas principais rúas do municipio …
… ate o peirao do Xufre o son dos tambores da brilat e das gaitas. A virxe saíu da igrexia de San Xulián con puntualidade a costas dos mariñeiros máis novos. Estes foron os encargados de levar á virxe ate a lonxa onde se celebraron os actos eucarísticos que recordaron a aqueles que perderon a vida no mar.
Á unha e media da tarde a imaxe volveu saír ó exterior para dirixirse ó barco Chorima, o barco bateeiro que transportou a virxe na súa procesión pola Ría de Arousa. Xa nas embarcacións as voces dos mariñeiros da organización entoando a Salve Mariñeira fixeron saltar as bágoas de moitos devotos. A procesión marítima durou unhas catro horas e foron ó redor dun cento de embarcacións as que acompañaron á imaxe da virxe. Á altura do Faro se realizou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos pero o momento máis emotivo foi o desembarco da Estrela dos Mares. Os mariñeiros puxeron á imaxe mirando cara o mar e entoando unha canción pedíronlle que velase por todos aqueles que teñen que saír ó mar á traballar día tras día.
Na procesión marítima participaron ademais dos mariñeiros, a conselleira de pesca, Carme Gallego, o deputado autonómico, Bieito Lobeira, o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, e unha longa representación do mundo do mar como os patróns maiores do municipio insular, de Vilanova e de Cambados.
Redacción Salnés