Unha veciña denuncia ao alcalde de Vilagarcía por “asfaltar ilegalmente a súa leira”

VILAGARCÍA> Unha veciña de Vilagarcía denuncia ao alcalde pola realización dunha obra ilegal ocupando parte dunha leira da súa propiedade. A pesar da suposta infracción, ambas partes chegaran a un acordo de compensación pero o concello non o cumpriu. Agora a veciña acude aos tribunais para esixir responsabilidades.

O asfaltado desta servidume de Guillán pode acabar levando ao alcalde de Vilagarcía aos tribunais. O motivo ten a súa orixe na obra, supostamente ilegal, que o concello fixo nun terreo lindeiro á finca. A reforma ocupou a propiedade da afectada sen que esta dera consentimento.

A afectada asegura que a reforma ocupou máis dun metro da súa propiedade, e pon como exemplo do tamaño da servidume o tramo continuo a leira. A veciña chegou a un acordo co goberno local mediante o cal o concello construiríalle un muro.

Ao parecer, o goberno local non cumpriu o acordo porque uns veciños presentaron unha sentenza da Audiencia Provincial na que se confirmaba a condición de servidume do terreo. Ante o incumprimento, a veciña denunciou ao alcalde, esixe ao concello que cumpra o acordo e pide unha compensación por danos e prexuízos.

A leira atópase agora mesmo totalmente descoidada. A veciña sínteses abandonada e maltratada polo goberno local. Agarda que o concello solucione o seu problema canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí