O Día dos Namorados vivirase en Cambados con música

CAMBADOS> Cambados vai celebrar o Día de San Valentín con música. Zona Centro, en colaboración co concello, organiza para os días 14 e 15 deste mes concertos na praza de Asorei.

O propio día dos Namorados, o 14, actuará Take It Easy. Ao día seguinte, será a quenda da Dani Barreiro. Nos dous casos os concertos serán ás 9 da noite. Unha proposta coa que, din, buscan darlle protagonismo a esta data e fomentar as vendas do comercio e a hostalería local.

Ademais, no marco desta campaña do día de San Valetín, tamén se vai organizar un sorteo dunha cea romántica para dúas persoas valorada en 100 euros. Neste caso, as persoas que queiran paticipar terán que publicar nas redes sociais unha fotografía mercando no comercio cambadés co cancelo #CambadosNamora, etiquetando tamén nesa imaxe a Cambados Zona Centro.

As persoas que queiran participar poderán ata o propio día 14. O sorteo terá lugar o día 16. A parella afortunada porderá gozar desa cea ao longo da seguinte semana en calquera dos establecementos hostalerios adheridos ao colectivo de comerciantes cambadés.