Os cans amosaron este sábado ser unha importante ferramenta de rescate

    canssalvamento_100_300707__still_001.jpgCAMBADOS > O peirao de Tragove foi o escenario escollido para o simulacro de salvamento realizado o pasado sábado polos bombeiros …

    … de O Salnés. Estes profesionais contaron coa axuda de cinco cans, dous deles da unidade de bombeiros da comarca e tres de Ferrol que amosaron a súa capacidade de rescate neste tipo de situacións. Os bombeiros amosaron ó público que se congregou no peirao ás sete da tarde como se rescataba a unha persoa ferida de entre as rochas coa axuda de cans de salvamento de Galicia.

    Para comezar o simulacro unha falsa víctima se situou entre as rochas tapado por escombros e soltouse un primeiro can para que atopara onde se localizaba. O can deu de cheo co lugar onde se atopaba o ferido chamando a atención do salvamento cos seus ladridos pero os bombeiros soltaron outros dous máis porque, segundo os operarios, os animais soen ser precisos pero non seguros. Despois de determinar por unanimidade dos cans onde estaba o ferido os bombeiros desprazáronse ate alí para rescatar á víctima.

    O simulacro foi un éxito pese o forte calor e ó vento.

    Redacción Salnés