![]()
PONTEVEDRA > A XIX edición da feira de artesanía de Pontevedra foi inaugurada á unha do mediodía de hoxe polo alcalde, Fernández Lores.
A feira instalouse coma cada ano na praza de Curros Enriquez e alongarase ate o día 15 de agosto. ‘Artesanal’ conta este ano cun total de 30 expositores que enchen dende hoxe a praza de Curros Enriquez de Pontevedra.
A feira ofrece a posibilidade de comprar obras de orfebrería, coiro ou cerámica. Como novidade este ano cóntase cunha nova membro que realiza obras con area de praia, unha alternativa á pedra que fai posible a elaboración de obras máis manexables e que podemos atopar no posto ‘Artesam – arte en arena’.
Ademais os cativos poderán colaborar na feira pois os artesáns realizarán varias das súas obras en directo permitindo a colaboración de tódolos interesados. O recinto permanecerá aberto tódolos días dende o 3 ó 15 de agosto incluídos os festivos. O horario de apertura será de 11 a 2 pola mañá e de 6 a dez e media pola tarde.
Redacción Salnés











