Regresan ‘Os 100’ dos International Trekkers

LOUSAME> A cita terá lugar en Lousame os días 25 e 26 de xuño.

Coa presenza da práctica totalidade dos alcaldes dos sete concellos polos que discorrerá a proba, esta mañá era presentado en Lousame a sétima edición dos 100 do Barbanza, que organiza o Club Deportivo International Trekkers Barbanza-Sar. A cita regresa este ano, tras dúas edicións sen disputarse debido á covid. Será os días 25 e 26 de xuño.

Lousame será este ano o Concello anfitrión. O municipio será punto de saída e chegada desta proba, un referente nas carreiras de ultradistancia en Galicia.

A carreira discorrerá polos lugares máis destacados do Barbanza, poñendo tamén en valor os principais atractivos desta comarca.

A organización agarda completar as 300 prazas dispoñibles. O prazo de inscrición abrirá o vindeiro 28 de febreiro, prolongándose ata o día 15 de xuño. Para máis información ou inscricións os interesados poden consultar a web itrekkers.org.

Ademais dos sete concello polos que discorre a proba, a cita conta coa colaboración da mancomunidade Barbanza Arousa e tamén de numerosas empresas da comarca, que coa a súa axuda fan posible o bo desenvolvemento da mesma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí