Relevo no mando do Escuadrón de Vixilancia Aérea Número 10

    BARBANZA> A base aérea militar de Iroite, na comarca do Barbanza, acolleu o Acto de Relevo de Mando do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10. O acto, ao que asistiron numerosas autoridades civís, militares e relixiosas, estivo presidido polo Xeneral Xefe do Sistema de Mando e Control, Francisco Miguel Almerich Simó. Con puntualidade rigurosa o acto castrense comezaba ás dez desta mañá na base ubicada no Monte Iroite, na confluencia dos concellos de Boiro, Noia, Porto do Son e Lousame. Un acto de relevo de mando ao que asistiron representante da vida social, política, relixiosa e militar da comarca. O Xeneral Xefe Almerich Simó, que pasou revista ao Escuadrón de Vixilancia Aérea, O EVA, Número 10, ubicado en Iroite, foi o encargado de presidir o relevo. O Xeneral Xefe, agradecía así o traballo realizado durante os últimos 3 anos do comandante José María Gómez Sánchez. O Mando saínte da Unidade fixo un balance positivo da súa experiencia ao mando durante estes anos. Gómez Sánchez deu o seu relevo durante o acto ao Comandante do Exército do Aire, e agora xa, novo Mando do Escuadrón, Juan José Vázquez Moreira. Con máis de 1.500 horas de voo, durante a súa carreira militar estivo anteriormente destinado en Madroid, Torrejón, Zaragoza e Alemaña. Váquez Moreira estará ao mando, durante os próximos 3 anos, da Vixilancia do Espazo Aéreo desde esta base de Iroite que leva xa máis de 30 anos en activo.