NOIA> O concello de Noia reabriu ó público os xardíns Felipe de Castro trala finalización definitiva das obras de mellora. Os traballos, que supuxeron un investimento de 90 mil euros financiados con fondos europeos, centráronse na renovación das redes e reposición do pavimento.
O remate das obras nos xardíns Felipe de Castro estaba previsto para finais de marzo. Sen embargo, daquela o goberno municipal decidiu non recepcionalas ó comprobrar que o pavimento instalado pola adxudicataria non correspondía co aprobado no proxecto nin cos requirimentos establecidos por Patrimonio. Hai dúas semanas reiniciábanse os traballos para a reposición do pavimento correcto.
O proxecto incluía ademais a renovación da rede de saneamento, a recuperación do subministro eléctrico e a mellora da corrente de auga que permitirá a recuperación das tres fontes con que contan os xardíns.
Con esta actuación, financiada con 90 mil euros procedentes de fondos europeos, o concello de Noia avanza na mellora do conxunto principal do centro urbano xunto coa alameda e o campo da Feira.











