O concerto de Alice Wonder abre o festival ‘Paisaxes Sonoras’

POBRA> Alice Wonder actuaba onte pola noite na aldea da Ponte, nas inmediación do paseo do Xobre, na Pobra do Caramiñal. A actuación enmarcábase no festival ‘Paisaxes Sonoras’, que organiza a Mancomunidade Barbanza Arousa.

Foi o primeiro dun total de catro concertos previstos, un por cada concello que integra a Mancomunidade.

Hoxe tocaralle a quenda a Alba Reche que actuará no monte de San Alberte en Ribeira. Mañá sábado seguiralle Boiro, co concerto de Davide Salvado e Cibrán Seixo na antiga canteira situada na praia da Retorta; para rematar o domingo en Rianxo con  Saxos del Averno que actuarán no Pazo Rianxiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí