![]()
SANXENXO > O venres falarase de soldos no Concello de Sanxenxo. Será na comisión especial de Contas e trátase da reforma …
… das retribucións proposta pola alcaldesa.
A Comisión Especial de Contas de Sanxenxo aborda este venres a modificación das asignacións económicas do edís do equipo de goberno. Segundo a proposta da Alcaldía, a partir do un de setembro Catalina González cobrará 3.212,24 euros mensuais, uns 1.300 euros menos do xa aprobado en pleno. Os edís de Urbanismo e Cultura pasarán a cobrar 2.426,24 euros mensuais, a de Turismo 2.257,24 e o de Xuventude 2.265,24. Ó igual que a rexedora teñen réxime de dedicación exclusiva. Mentres que os concelleiros con dedicación parcial e que se ocupan de Xuventude, Persoal, Obras, Medio Ambiente e Facenda terán un soldo mensual de 2.040 euros.
Deste xeito o equipo de goberno asume a proposta realizada polo PPdeG sobre a conveniencia de reformar a lexislación local para fixar as retribucións de alcaldes e concelleiros, atendendo a criterios de poboación e orzamento municipal. A Alcaldía lembra que as contías que se someterán a votación inclúen tamén a asistencia a plenos, consellos, comisións e xuntas. E no caso de Catalina González comprende ademais a súa labor como presidenta dos organismos autónomos Terra de Sanxenxo e Xerencia de Urbanismo e das sociedades Nauta e Ínsula, así como a súa pertenza a outras entidades.
Redacción Salnés











