As Illas Atlánticas en Amicos

    BOIRO> A  biodiversidade, o patrimonio cultural ou o modo de vida dos antiguos habitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, son algúns dos coñecementos arredor deste pequeno tesouro da natureza ó que hoxe se achegaron un pouquiño máis, sen saír dunha sala, os usuario do Centro de Atención Integral Amicos de Boiro.

     

    Nada mellor que o coñecemento para achegarse a unha espazo tan cercano como descoñecido para moitos. Os segredos, historias e anécdotas que agochan os arquipélagos do Parque Natural das Illas Atlánticas, xa non son un misterio para os usuarios e usuarias de Amicos. Hoxe, grazas ós propios traballadores do Parque puideron aprender tódalas marabillas que nos ofrecen  As Cíes, Cortegada, Sálvora e Ons. Nunha sesión informativa moi didáctica e interactiva, algúns prestaron máis atención ca outros, e pronto comezaron a xurdir os alumnos aventaxados que tiñan resposta para tódalas preguntas. Iso sí, trala explicación, toca demostrar o aprendido, da mellor forma posible, xogando. Xogando e aprendendo, nada mellor para achegarnos á fermosura destas Illas, e para darnos conta de que a aqueles que aínda nos queda algunha por visitar, non deberiamos demorar moito esa excursión pendente.

     

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/reportaxe_amicos_illas_atlanticas_271020161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/27/reportaxe_amicos_illas_atlanticas_27102016.mp4{/flowplayer}