Lage Tuñas reclama unha maior protección do patrimonio arqueolóxico

    dolmeaxeitos_100_080807.jpgBARBANZA > O deputado socialista, Xosé Manuel Lage, presentou unha iniciativa parlamentaria interesándose pola situación do Dolmen de Axeitos

    … despois dos destrozos causados no megalito hai uns meses. O parlamentario solicita á Consellería de Cultura que se adopten accións para incrementa-la vixilancia do patrimonio arqueolóxico co fin de que se repitan este tipo de sucesos.

    O Dolmen de Axeitos, un dos principais xacementos arqueolóxicos de todo o Barbanza, foi obxecto dunha acción vandálica. O monumento megalítico, situado no concello de Ribeira, sufriu varias pintadas e destrozos. Para o deputado socalista, Xosé Manuel Lage, este feito pon de manifesto a ‘pouca vixilancia existente no que respecta ó patrimonio’.

    Neste sentido vén de presentar unha iniciativa parlamentaria instando á Consellería de Cultura a dar a coñecer as medidas ou propostas deseñadas para evitar este tipo de sucesos. A proposta que fan os socialistas á Dirección Xeral de Patrimonio é un incremento dos mecanismos de seguridade e control sobre estes vestixios patrimoniais.

    Así mesmo, Lage Tuñas considera que o Dolmen de Axeitos e todo o patrimonio megalítico da comarca debería integrarse nos programas de promoción turística xunto cos recursos naturais. Deste modo, di o socialista, consolidaríase unha ‘oferta turística de calidade que podería atraer un espectro máis amplo de visitantes, a través da riqueza patrimonial, natural e cultural’.

    Redacción Barbanza