Un ribeirense en folga de fame para recuperar ó seu fillo

RIBEIRA> José Luís Teira iniciará unha folga de fame para poder recuperar o seu fillo. Este ribeirense leva dous anos reclamando a volta do neno que actualmente reside en Portugal coa súa nai.  A proxenitora ignorou os 4 requirimentos emitidos polo xulgado de Ribeira para a entrega do menor.

Desesperado ante a falla de resultados pola vía xudicial, José LuísTeira recorrerá a outras medidas de presión para recuperar ó seu fillo. Este ribeirense iniciará unha folga de fame así como unha campaña nas redes sociais para que a xustiza atenda as súas peticións en aras de recuperar ó seu fillo que non ve dende hai dous anos.

Este xoves tiña lugar unha nova vista para resolver a entrega do menor á que a súa ex-parella non se presentou. Considérao unha tomadura de pelo transcorridos xa oito meses dende que se ditara sentenza e despois de catro requirimentos emitidos polo Xulgado de Ribeira que foron ignorados pola nai do seu fillo.

Esixe unha maior contundencia por parte da xustiza para resolver o seu caso posto que  asegura sentirse discriminado por cuestión de xénero.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí