Tomás Fole: ‘responderei con traballo, ilusión e resultados’

    fole_louzan100_090807.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a Tomás Fole como director xeral do Ipespo, …

    … o Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia.

    O vilagarcián agradeceu este nomeamento e quixo deixar claro que ‘responderei con traballo, esforzo, ilusión e resultados’. Algo que non dubidou o presidente da Deputación. Rafael Louzán indicou que ‘sei que vai responder ás expectativas marcadas’.

    O novo director xeral do Ipespo, Tomás Fole, agradece que a Deputación lle deixe participar dun proxecto pensado para dar resposta á demanda de solo industrial moderno en concellos pequenos. Como experiencia para este posto, Fole aporta os 11 anos nos que estivo traballando de asesor fiscal e empresarial, que son para el ‘unha gran fonte de información das necesidaes das empresas’, ás que tentará dar solución.

    Arestora terá nas súas mans o polígono Barro – Meis, pero tamén a recen aprobada plataforma de recollida selectiva de residuos para Cambados. Louzán lembrou que o Ipespo é un organismo vivo no que ten cabida ademais a promoción de vivenda pública.

    Redacción Salnés