VILAGARCÍA> A actuación será o xoves a partir das nove da noite do Auditorio vilagarcián e a entrada é de balde.
{flowplayer}images/salnes/CONCERTO_HOLANDA.flv{/flowplayer}
Vilagarcía terá a ocasión de disfrutar do virtuosismo que sitúa ós intérpretes holandeses na elite musical. A banda de música WILHELMINA POSTERHOLT, ten máis de 100 anos de historia e conta con 81 músicos. Sen embargo, a Vilagarcía chegará un pequena representación deste marabilloso conxunto. O concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, afirmou que esta é unha grande ocasión para os melómanos.
Na formación desta banda holandesa, destaca unha importante sección de percusión e a presenza de instrumentos pouco frecuentes neste tipo de agrupacións musicais, como a arpa ou o violonchelo.
Dende a banda de música de Vilagarcía, están encantados coa colaboración holandesa.
A banda Wilhelmina Posterholt está dirixida por Guido Swelsen que en 2001, ganou a batuta de prata. Tan só Vilagarcía e Lalín poderán disfrutar deste conxunto situado no que se podería chamar a primeira división das bandas grazas ó seu altísimo nivel.
Redacción Salnés