Novo conflicto entre CC.OO e Conservas Peña

    delegadaccoo100_090807.jpgVILAGARCÍA > Continúan os conflictos en Conservas Peña. CC.OO informou hoxe que a dirección ameaza

    … con sancionar a unha das súas delegadas sindicais por ofensas verbais contra a presidenta do comité de empresa, que representa á CIG. Comisións afirma que menten e está disposta a ir a xuízo de novo.

    conservaspena200_090807.jpgO sindicato Comisións Obreiras acusa á dirección da empresa Conservas Peña e á presidenta do Comité de empresa, da CIG, de mentir e de orquestrar unha manobra en contra das súas representantes sindicais. Segundo indican, a dirección ameaza con sancionar á delegada Carmen Barcala, de Comisións Obreiras, por unha falta laboral moi grave, por ofensa verbal á presidenta do comité de empresa.

    A situación nesta conserveira está caldeada desde o último xuízo no que Comisións e CGT gañaron a demanda contra a empresa pola adopción da xornada continua. De seguir adiante coa sanción á súa delegada están dispostos a ir de novo ó xulgado e teñen claro que gañarían a nova demanda. Mañá falarán do asunto coa dirección da empresa pero se hai novo xuízo incluso van pedir responsabilidades penais.

    Redacción Salnés