CAMBADOS> O concello de Cambados presentará no Pleno deste mes un recoñecemento para a aprobación de facturas. O importe total das mesmas ascende a máis de 92 mil euros. Corresponden principalmente a obras, subministración de bes e prestación de servizos.
O concello de Cambados vai presentar no pleno ordinario deste mes de setembro un recoñecemento para aprobación de facturas pendentes do pasado ano. A pesar de que a tramitación das mesmas foi correcta, as empresas retrasaron o envío da factura a este ano. Polo principio de anualidade orzamentaria non se pode aprobar o pago destas facturas sen levalas a pleno. Por iso o goberno de cambados levará a pleno esta petición.
O importe total das facturas ascende a máis de 92 mil euros. Para facer fronte a este pago, o goberno local dispoñerá de dúas partidas. Unha delas é o recursos do Fondo de Continxencia de execución orzamentaria do 2018, dotado con preto de 68 mil euros.
A outra partida cun importe de máis de 24 mil euros corresponde a retribución dos cargos electo do goberno municipal.
O pleno terá lugar o último xoves deste mes. Ademais desta proposta tamén se analizará a revisión das ordenanzas tributarias para o próximo ano, mantendo a conxelación xeral das ordenanzas fiscais, coa excepción do auga e os servizos de sumidoiros.