VILAGARCÍA > A Praza de Abastos de Vilagarcía foi visitada esta mañá pola concelleira de Promoción Económica e Innovación …
…, Rosa Abuín, para valorar as necesidades das instalacións; aínda que polo momento non se iniciarán obras de reforma pola falta da aprobación dun presuposto para elo.
O concello de Vilagarcía está a realizar un estudio da Praza de Abastos mediante o que se pretenden reformar totalmente as instalación. Por mor da tardanza deste estudio esta mañá a concelleira, Rosa Abuín, visitaba a praza para determinar os arranxos necesarios e de maior importancia coma a limpeza, o alicatado ou o mantemento.
Polo momento non se coñece a data do comezo das reformas pola falta de aprobación dos presupostos aínda que se agarda que estes se aproben en menos dun mes.
Redacción Salnés