“Non incumprimos a lei co pago do bonus de productividade”

     A ILLA> Manuel Vázquez asegura estar moi tranquilo e non ter incumprido os ditados do goberno sobre a supresión da paga extra de Nadal

    {flowplayer}images/salnes/ReclamacionPagasExtra_030412.flv{/flowplayer} 

    Tras coñecer que o concello de Pontevedra terá que pasar polos xulgados por ter abonado a paga extra de Nadal ós seus traballadores, a mirada ponse agora noutros municipios sobre os que planeaba esta ameaza, como o da Illa. Dende o consistorio aseguran que non recibiron ningunha notificación a día de hoxe e que remitiron no seu a documentación que esixiu a subdelegación do goberno no seu momento.

    O caso da Illa está nas mans do Avogado do Estado que será quen decida se se adoptan medidas legais. O acontecido no concello arousán foi diferente ó de Pontevedra. No pleno de novembro aprobouse crear unha paga de productividade, uns 27.000 euros en total, o que suporía o 85% do que habitualmente pagábase pola extra de Nadal.

    Manuel Vázquez insiste polo tanto na legalidade das accións levadas a cabo dende o concello e no bo estado das arcas municipais. Asegura que coa paga de productividade non quixeron retar a ninguén.

    No mesmo caso da Illa tamén se atopan outros concellos como o de Caldas que compenseu ós seus traballadores en total con 98.000 euros en concepto de necesidades laborais e o de Poio, onde argumentan que o pago foi por productividade de horas extra.

    Redacción Salnés