A Batalla das Flores enche un ano máis as rúas de Pontevedra

    batalladasflores_100_140807__still_002.jpgPONTEVEDRA > Seguen de festas da Peregrina que tiveron na Batalla das Flores un dos seus actos máis multitudinarios.

    Moitos nenos, na maioría dos casos acompañados dos pais ou os avós saíron onte á rúa para participar na Batalla das Flores, un dos actos máis concurridos das festas de Pontevedra. Os pequenos gozaron coas homenaxes que as carrozas adicaron a algúns dos seus heroes infantís, como Peter Pan e Campanilla, Silvestre e Piolín ou Mortadelo e Filemón. Ademais unha comparsa de xigantes e cabezudos abría a comitiva que contou tamén cunha divertida versión da película Grease.

    E en medio actuacións de agrupacións folclóricas, pallasos e charangas que animaron as rúas da cidade e incluso deixaron a algúns coa boca aberta. Foi o caso dun grupo italiano que destacou pola súa vestimenta, pola música que interpretaban e, sobre todo, polos xogos malabares que realizaron, lanzando as bandeiras a máis de catro metros de altura e intercambiándoas entre eles con lanzamentos case imposibles. E despois da Batalla, os pequenos puideron seguir desfrutando co espectáculo de Los Lunnis.

    Vindeiras actividades

    Xa mañá, mércores 15, a xornada festiva comezará ás 10:30 h. coa maratón popular de Santa María que sairá de Montero Ríos. Ás 11: 30 h. na Avenida de Santa María comezarán ás partidas simultáneas de xadrez e ás dez e media da noite actuará na Ferrería Dover para pechar a medianoite cos fogos de artificio no peirao das Corbaceiras.

    Redacción Salnés