O GROVE> A conselleira do Mar Rosa Quintana pide calma ó sector do cerco, que agarde a que se senten a falar, e non convoquen mobilizacións de xeito anticipado. É a resposta a decisión que a Asociación de Armadores do Certo tomaba esta fin de semana nunha reunión en Portosín: solicitar permiso para manifestarse o catorce de marzo. Din que os políticos lles están abocando a unha situación que rematará en desgraza. A conselleira do Mar Rosa Quintana pediu paciencia ós mariñeiros do cerco. Que non convoquen mobilizacións sen terse antes sentado a falar. Pero é precisamente a falta de xuntanzas o que os levou esta fin de semana a decidir en asemblea solicitar permiso para organizar unha nova protesta o catorce de marzo. Nunha vista realizada á depuradora Amegrove, a titular de Mar apelou á conciliación e á sensatez. Di que as decisións que se tomaron en canto ás cotas de xarda foron proveitosas, e non tocante ó reparto do xurelo, co que non están de acordo os cerqueiros, Quintana di que Galicia está ben posicionada. Quintana apela a unha boa xestión dos recursos mariños e darlle un valor engadido na comercialización para aumentar os ingresos. En calquera caso incide en que a disposición da Xunta é de reunirse. A conselleira realizaba estas declaracións ó remate dunha visita á depuradora Amegrove, a primeira en capacidade instalada da Unión Europea. Aquí Quintana destacou que no ano pasado duplicáronse as axudas á transformación e comercialización dos produtos do mar, e puxo de exemplo á cooperativa meca na posta en valor desta riqueza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/02/rosaquintanaamegrove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/02/ROSA_QUINTANA_GROVE.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








