Bianchi reforzará a dianteira do Pontevedra Club de Fútbol

bianchi_pontevedrafc_100_140807__still_001.jpgPONTEVEDRA > O novo fichaxe do Pontevedra C.F. foi presentado onte en rolda de prensa.Trátase de Santiago Agustín Bianchi, …

… un xogador de 23 anos que ven de xogar en equipos de segunda división arxentinos polo que afirma que non lle será difícil adaptarse. O arxentino reforzará a dianteira e incorporarase ós adestramentos a próxima semana pese a que xa onte coñeceu ós seus compañeiros.

O presidente , Nino Mirón, afirmou tamén que con Bianchi péchase a plantilla granate deste ano aínda que non descartou unha nova incorporación se antes do 31 deste mes se lle presenta a oportunidade de fichar a un xogador importante.

Redacción Salnés