O Open Náutica Vidal reúne ós mellores de España

motos250_120609.jpgSANXENXO> Sanxenxo prepárase para vivir de preto o Campionato de España de Motos Acuáticas esta fin de semana. O Open Náutica Vidal dará comezo mañá a mediodía coas primeiras mangas de adestramentos. Os mellores do panorama nacional daranse cita na Ría de Pontevedra.

O Campionato de España de Motos Acuáticas visita Sanxenxo. Será no denominado Open Náutica Vidal, empresa patrocinadora do evento coa que colaboran Náutico e Concello de Sanxenxo mailas federacións galega e española de motonáutica.

A competición dará comezo mañá sábado coa modalidade de rally-jet, nun circuito pechado moi vistoso para o público e no que se correrá en tres categorías: Promoción, Stock e Pro. O mesmo que o domingo; día para o que quedará a Offshore ou raid, unha travesía que levará a máis de 60 pilotos a completar un percorrido de 100 millas náuticas polas Rías Baixas, con saída e chegada en Sanxenxo pasando por Baiona e Ons, entre outros sitios.

Os pilotos de Náutica Vidal Arturo Campos e Juan José Pintos tentarán estar o máis adiante posible, aproveitando que por fin Galicia acolle unha probva destas caracterísiticas. Xunto a eles, Kiko Aguilera e Manuel Osorio parten con opcións de victoria.

Redacción Salnés