Polémico nomeamento do xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés

    miguelangelperez_xerenteconsorciobombeirossalnes_100_140807__still_001.jpgSALNÉS > O novo presidente, Jorge Domínguez, designou xerente do Consorcio a Miguel Ángel Pérez, ex alcalde do Grove.

    Antes de elexir xerente, o Consorcio de Bombeiros do Salnés tivo que nomear ó novo presidente da entidade, cargo que recaeu en Jorge Domínguez, alcalde de Meaño e presidente da Mancomunidade do Salnés. A súa elección foi unánime, pero a do xerente do Consorcio, que será o ex alcalde do Grove, xa non contou co mesmo consenso. Anque tampouco o precisaba, xa que o seu nomeamento só dependía do presidente. Sen embargo os representantes da Xunta criticaron que non se lles comunicara oficialmente o nome do xerente e máis cando é unha persoa implicada no turbio caso do fraude electoral das listas do País Vasco.

    Críticas dende Vilagarcía

    reunionconsorciobombeiros_jorgedguez_300_140807__still_001.jpgTamén a alcaldesa de Vilagarcía denunciou a fórmula coa que se nomeou ó xerente. A rexedora lamentou que ‘sendo Vilagarcía subsede do consorcio, tendo un terzo da poboación e participando no financiamento, tivera que enterarse polos medios da designación de Miguel Ángel Pérez’.

    Pero non só as formas desgustaron á alcaldesa. Tampouco a persoa elixida lle parece adecuada, xa que non reúne as ‘cualidades profesionais para desempeñar un cargo tan específico como a dirección dun servizo de bombeiros’. Por certo que na xuntanza de onte o ex alcalde de Cambados, Santiago Tirado, oficiou por última vez como xerente da entidade. O veterán político, que está a piques de xubilarse, retírase da vida pública.

    Redacción Salnés