O eslovaco Peter Sagan vence ó sprint en Pontevedra

PONTEVEDRA> O Salnés vivíu hoxe o paso da Volta Ciclista España, que volveu por esta zona 18 anos despois. Ás 17:40 o pelotón cruzaba a liña de meta situada na Avenida de Lugo, en Pontevedra. A victoria foi a parar a mans do corredor do Liquigas, Peter Sagan.

{flowplayer}images/salnes/VoltaEspana_010911.flv{/flowplayer} 

Facía case dúas décadas que a Volta Ciclista a España non atravesa o Salnés e 30 anos que Pontevedra non acollía un final de etapa. Hoxe volveuno a facer.

Na duodécima etapa da rolda española, o pelotón tomou a saída contra as 13:30 de Ponteareas, vila natal dun grande do ciclismo español como Álvaro Pino. Cun percorrido sen apenas dificultades montañosas, os corredores adentráronse na comarca do Salnés en torno ás 16:00. Alí atravesaron os concellos de Poio, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Ribadumia, Meis e Barro, para chegar contra as 17:40 a Pontevedra.

Como era de agardar, moitísima xente botouse ás estradas para ver de preto o paso fugaz dos ciclistas, que sobre todo nos últimos quilómetros incrementaron o ritmo, que foi lento nas dúas primeiras horas de carrera.

Tres corredores tomaron o protagonismo da etapa cunha escapada que morreu a seis quilómetros para a liña de meta, protagonizada polos españois Roldán e Maté e polo ciclista do equipo Vacansoleil Pidgornyy.

Na liña de meta, ateigada de pontevedreses, impúxose ó sprint o corredor eslovaco do Liquigas Peter Sagan, por diante de Degenkolb e Danielle Benati.

Redacción Salnés