![]()
VILAGARCÍA > Mariano Rajoy visitou Vilagarcía esta fin de semana onde recolleu as necesidades e inquedanzas da xente para incluílas no seu programa electoral. O presidente do PP aproveitou tamén para darse unha volta pola cidade e para visitar os postos da feira de viño e gastronomía Albarousa. Rajoy estivo acompañado en todo momento polos populares da comarca como o presidente da Deputación, Rafael Louzán.
O presidente do Partido Popular tamén estivo acompañado polo secretario do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda,o alcalde de Cambados, Jose Manuel Cores Tourís, o presidente do PP local, Tomas Fole e por varios concelleiros populares da corporación municipal.
Rajoy recalcou en varias ocasións que esta visita servirá para completar o seu próximo programa electoral coas ‘principales necesidades, inquietudes y temas que importan a la gente de Villagacía’. Rajoy afirmou que el creará un programa electoral coas cousas que lle interesan á xente coma a educación, a sanidade, os servicios públicos fundamentais e a economía.
O presidente dos populares tamén tivo unhas palabras para o problema da área
Metropolitana Pontevedra-Vigo nas que acusou ó concello de ter parados este e outros temas pola disputa que existe entre os dous grandes partidos políticos na cidade. Rajoy emitiu unha decisión clara ó respecto ‘lo que yo quiero es que se ocupen de los problemas reales de la gente que es de lo que yo me voy a ocupar’.
O popular tamén aproveitou a súa visita á capital arousana para dar unha volta pola praza de Abastos e por Albarousa onde rematou o seu paseo coa degustación da gastronomía e os viños da Mostra.
Redacción Salnés







