www.sanxenxo.es funciona xa como oficina virtual do Concello

    catalinagonzalez_100_210807.jpgSANXENXO > Sanxenxo abriu unha oficina virtual para achegar a administración ós fogares do concello…

    … Ademais de ofrecer información turística, a través da nova web www.sanxenxo.es os usuarios poderán realizar trámites e consultas na rede. A dirección de internet xa está operativa desde onte.

    Achegar a Administración local ós veciños é o obxectivo fundamental da nova web do Concello de Sanxenxo que xa se pode consultar na dirección www.sanxenxo.es. A alcaldesa Catalina González confía en que esta web se converta nunha ferramenta útil para aqueles veciños que deban realizar algunha xestión administrativa. Na portada están as últimas noticias, a axenda de actividades no Concello e unha zona descargas e miradas de Sanxenxo. Tamén se inclúe información sobre o clima, os organismos Terra, Nauta, Xerencia, e Ínsula, edictos e anuncios, ou impresos e instancias, entre outros.

    A través deste sitio, os usuarios terán oportunidade ademais de dirixirse a cada un dos integrantes do equipo de Goberno. A nova web municipal será así mesmo unha fiestra para amosar o concello ó mundo. No apartado coñece Sanxenxo inclúense datos das parroquias, poboación e estatísticas, historia, escudo e bandeira, rueiros, clima e un fondo gráfico; e no apartado de Turismo facilítanse contidos como aloxamentos, cómo chegar, gastronomía, e diversas opcións para gozar deste municipio.

    Redacción Salnés