Cultura investirá 60 mil euros na restauración da Torre de Bermúdez

    torredebermudez_100_230807.jpgPOBRA >  Cultura asinou un convenio co concello da Pobra para a restauración da Torre de Bermúdez, que acolle os fondos do museo Valle-Inclán.

    A Torre de Bermúdez é un emblemático edificio que data do século XVI e que, dende 1986, acolle os fondos do Museo Valle-Inclán. Na actualidade, o inmoble atópase bastante deteriorado pola acción do home e o paso do tempo.

    De aí, a demanda de restauración plantexada polo executivo pobrés, que foi ben atendida pola Consellería de Cultura. O convenio establecido entre as dúas administracións establece unha inversión de 60 mil euros, sufragados integramente polo ente autonómico.

    Conservación dos fondos

    As actuacións a realizar consistirán no tratamento das fachadas decorativas exteriores do museo así como repintado do edificio, a posta ó día da carpintería interior, a dotación de novo mobiliario e a adquisición de equipos de rexistro e control das condicións internas de humidade e temperatura, co fin de garantir a conservación dos fondos.

    O obxectivo do executivo local é iniciar as obras de inmediato, para que poidan estar concluidas durante o mes de outubro, antes da celebración das xornadas Valle-Inclán.

    Tanto o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, como o directoir do museo, Antonio González Millán, expresaron o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo interese que ten amosado na conservación deste edificio de titularidade municipal, dende que o pasado inverno resultara afectado polas riadas. Esta nova inversión vense sumar ás aportacións realizadas pola Consellería de Cultura para paliar os danos derivados das inundacións.

    Redacción Barbanza