A Pobra conmemora o Día de Rosalía cunha ofrenda cívica e un concurso para escolares

A POBRA> O concello da Pobra volverá conmemorar o Día de Rosalía con diversos actos. O acto central terá lugar o propio 23 de febreiro cunha ofrenda cívica aínda que durante todo o mes desenvolveranse actividades en colaboración cos centros educativos.

O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía e o concello da Pobra, como é tradición ,desenvolverá un acto institucional cunha ofrenda cívica ante o busto da escritora na praza que leva o seu nome.

En paralelo, volverase convocar o concurso ‘As sete Rosalías’ dirixido ós escolares de primaria que deberán atopar as sete rosalías diferentes entre as corenta repartidas polos distintos establecementos do comercio local.

Haberá tamén actividades para os máis pequenos co fin de que se acheguen ata a figura de Rosalía dun xeito lúdico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí