Emilio Pérez Turiño realizou esta mañá unha visita institucional ó Grove

    O GROVE > O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, realizou esta mañá unha visita institucional ó Grove. Touriño aproveitou as súas vacacións estivais no concello para reunirse coa corporación municipal e reafirmar o seu compromiso de alongar ate o municipio a autovía do Salnés.

    visita_ogrove_tourio_300_230807__still_003.jpgPérez Touriño tamén aproveitou a visita ó Grove para saudar ós membros da corporación municipal e asinar no Libro de Ouro do concello. O xefe do Executivo galego recordou o compromiso da Xunta co municipio asegurando que o alcalde conta co apoio da Xunta para a creación dun porto deportivo e dunha nova planta depuradora. Do mesmo xeito recordou que a Consellería de Sanidade ten previsto construír un novo centro de saúde que contará cunha dotación de tres millóns de euros.

    Tamén serán tres millóns o que inverterá a Xunta no Salnés para dotar de traída de auga ós puntos da comarca que aínda non dispoñen dela. Finalmente Touriño fixo mención ao compromiso da Consellería de Política Territorial para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Urbana que precisa o concello. O presidente da Xunta rematou a súa visita ó Grove cun paseo polos arredores do concello acompañado polo alcalde, Jose Antonio Cacabelos, e varios membros da corporación municipal.

    Redacción Salnés