26 mulleres en risco formaranse en inserción social e laboral ata decembro

    VILAGARCIA> O Programa Clara desembarca en Vilagarcía para promover a inserción social e laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este xoves na súa primeira clase, puidemos comprobar como todas as participantes deron conta de todo o que lles gustaría conseguir ao rematar o curso. Máis seguridade ese é o propósito que máis se escoitou esta mañá no Auditorio de Vilagarcía, onde este xoves, arrincou o Programa Clara, unha iniciativa do Instituto da Muller ca que se pretende traballar a inserción social e laboral de mulleres en risco de exclusión, tal e como explicou Belén Fernández, técnica do Instituto da Muller Unha iniciativa que se leva a cabo en 12 concellos de España, entre os que resultou elexido Vilagarcía, e que se divide en varios módulos. Nesta ocasión serán unhas 26 mulleres as que se formen en diferentes materias que a medio corto prazo lles permitan atopar un emprego. Unha iniciativa para que estas mulleres foron seleccionadas dende o Centro de Información a Muller da localidade, e na que participaran durante 8 meses, xa que durará ata decembro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/programa_clara_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/programa_clara_vilagarcia.mp4{/flowplayer}