SANXENXO> Mercar no comercio local de Sanxenxo nunca foi tan sinxelo. O Centro comercial Urbano Entretendas presentou hoxe Zaska, unha aplicación que permite mercar nas súas tendas asociadas sen saír de casa. Na iniciativa xa participar máis dunha trintena de establecementos.
Entretendas de Sanxenxo innova no seu xeito de chegar ós seus clientes. O Centro Comercial Urbano lanzou a aplicación Zaska, unha ferramenta gratuíta que permite mercar nas tendas asociadas sen saír da casa. Á iniciativa xa se adheriron 33 establecementos.
Zaskapermite coñece-la oferta de comercios, restaurantes e outros servizos, accedendo a través do teléfono móbil.
A ferramenta ofrece 4 formatos de pago, para comodidade do que compra e tamén do que vende.
Ademais, Entredendas de Sanxenxo está a traballar en novas campañas para incentiva-lo comercio local. Á campaña de volta ao cole, hai que engadi-lo TENDA X TENDA IGUAL A ENTRETENDAS. A inciativa presenta a cada un dos establecementos asociados e inclúe sorteos entre os clientes que participen nun xogo a través das redes sociais do colectivo de comerciantes. Os gañadores faranse con lotes de material escolar valorados en 50 euros.