Juan Fajardo critica a reducción insuficiente dos soldos do goberno

    fajardo100_270807_001.jpgVILAGARCIA > Esquerda Unida de Vilagarcia critica a nova proposta do goberno municipal para reducir os orzamentos

    ... en canto as asignacións ós edís liberados presentadas polo grupo de goberno.O voceiro de Esquerda Unida, Juan Fajardo reivindicou un incremento da reducción plantexada, xa que dende o seu partido consideran desmesurados os salarios cos que finalmente quedarán os concelleiros liberados da corporación municipal.

    A proposta da reducción orzamentaria nos salarios dos edís liberados do concello de Vilagarcía non acaba de convencer ó resto de formacións políticas. É o caso de esquerda Unida que en declaracións do seu voceiro, Juan Fajardo, ponse de manifesto a súa disconformidade coa nova asignación salarial da corporación municipal que non se corresponde proporcionalmente coa dun funcionario público

    Fajardo engadiu que dende o seu partido quérese sinalar que a cuestión ideolóxica é máis importante que a económica xa que os políticos deben adecuar o seu traballo e soldo á realidade social da comarca, para elo, puxo de exemplo os soldos que cobra un albanel, ou calquera traballador do sector servicios, que dificilmente chegan ós 900 eros.

    O voceiro de esquerda Unida tamén discrepou da decisión tomada polo goberno de incrementar nun 25% o pagamento das comisións informativas. A partires de agora os concelleiros liberados cobrarán 125 euros por cada comisión. Fajardo declarou que aínda que o concello de Vilagarcía pode asumir os gastos salariais, existen outras fins de carácter prioritario onde investir o diñeiro público.

    Redacción Salnés