Patrimono rexeita o proxecto de restauración da escalinata que conectaría directamente a Praza de Fefiñáns coa igrexa

CAMBADOS> A praza de Fefiñáns en Cambados volve converterse nun museo aberto. Desta vez é o escultor Pepe Galán o que expón unha parte da súa obra Mayday. As creacións representan o mar, o territorio e a ecoloxía.

Os amantes do arte poden gozar dunha exposición ao aire libre na praza de Fefiñáns. O escultor Pepe Galán presenta unha parte da súa obra Mayday. Unha exposición que é un berro de socorro sobre o mar e o territorio fomentando a ecoloxía.

O escultor coida o mínimo detalle do aspecto da súa obra, tanto as formas como os materiais teñen un significado. Pepe Galán cualifícase a se mesmo como un escultor que escapa da talla tradicional achegándose máis a un enxeñeiro ou arquitecto.

A obra dá continuidade ao proxecto iniciado polo concello de Cambados o ano pasado coas exposicións de Manolo Paz e Francisco Pazos. O obxectivo é achegar o arte á xente levándoo as rúas.

A exposición estará dispoñible para todos os interesados na Praza de Fefiñáns ata mediados de Setembro.