Sanxenxo premia ás súas mellores tapas e cócteles

    SANXENXO> Rincón dos BarcosArdentía e o Horus Coffee Drink foron os destacados dos concursos ó recibir dous galardóns cada un.

    {flowplayer}images/salnes/Degustatapas_050702.flv{/flowplayer} 

    A sala Nauta acolleu esta mañá a entrega do III Concurso Sanxenxo Degustatapas e Sanxenxo Degusta Drink, este último un novo certame que premiaba por primeira vez ós mellores cócteles. Durante a duración dos concursos, do 25 de maio ó 24 de xuño, degustáronse máis de 13.000 tapas e 1.600 cócteles.

    O xurado profesional premiou como mellor tapa tradicional ó Mardivino Restaurante polas súas ‘Xouvas guisadas ó estilo tradicional’; mentres que o galardón á mellor tapa creativa foi a parar a mans do Ardentía Restaurante co seu ‘100% apto’.

    O xurado popular premiou á Tapería dos Barcos, que levouse o premio en ámbalas dúas categorías, tradicional e creativa por ‘Pan de aldea con manxares da nosa terra’ e ‘Espuma de patata con vieiras, setas e ovo poché’.

    No degusta Drink, o xurado profesional premiou a Me da igual Cocktail Café por ‘Mojito Pasíón’ e ó Ardentía por ‘Yara’, neste caso sen alcol.

    O xurado popular distinguíu ó Horus Coffe Drink por ‘Rougin Tonic’, no apartado de bebidas con alcol e ‘Mojito cremoso de piña’ para o mesmo establecemento en categoría sen alcol.

    O que quedou patente en ambos concursos é que ademais da gastronomía tradicional, Sanxenxo pode ofrecer a veciños e visitantes as bondades da cociña moderna.

    Redacción Salnés