Socios da comunidade de montes de Nogueira solicitarán una auditoría para coñecer as débedas da empresa promotora do parque acuático de Meis

MEIS> Máis dun 20% dos comuneiros da asociación de montes de Nogueira solicitarán unha auditoría para coñecer todos as xestións realizadas entre a directiva da asociación e a empresa promotora do parque acuático de Meis. Os críticos sinalan que a pesar do pago de 40 mil euros realizado este ano, a empresa aínda ten unha débeda de 86 mil euros. A alcaldesa da vila reunirase o xoves coa compañía para coñecer as intencións da empresa á hora de retomar as obras.

O proxecto do parque acuático de Meis está dividindo á comunidade de Montes de San Vicente de Nogueira. Na última asemblea realizada a semana pasada, a directiva informou que a empresa pagou o pasado ano 40 mil euros da súa débeda, unha débeda que se situaba nos 126 mil euros. Parte dos socios da comunidade de montes poñen en dúbidas as xestión realizadas entre a directiva e a empresa e reuniron as sinaturas necesarias para solicitar unha auditoría. Pola súa parte, dende o concello, solicitaron unha reunión coa a empresa ao descoñecer as súas intencións para retomar os traballos.

Segundo informan comuneiros presentes na asemblea, a débeda actual da empresa coa comunidade de montes é de 85 mil euros. Unha débeda que se verá reducida en xaneiro xa que a comunidade pode executar os 30 mil euros do aval da empresa por ter paralizados os traballos. Unha situación similar na que se atopa o concello, que solicitou executar o aval de 100 mil euros xa que a empresa non arranxou os desperfectos causados na zona tralo inicio das obras.

Unha vez se rematen os trámites, o concello poderá executar o aval, xa que as rúas se arranxaron cos fondos propios do concello. O xoves terá lugar a reunión entre o goberno local e a empresa, un novo encontro coa esperanza de que a compañía retome os traballos e que Meis poida ver, ao fin, o seu parque acuático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí