A Xunta acepta a renuncia do grupo Popular de Portas

    PORTAS> O Partido Popular de Galicia vai a aceptar a petición de baixa de todo o grupo local de Portas,…

    {flowplayer}images/salnes/alcalde_portas.flv{/flowplayer}

    …o seu alcalde Roberto Vázquez á cabeza. Esta renuncia prodúcense logo de que a defensa de Vázquez enviara unha proposta de acordo co Ministerio de Facenda na que admite que cometeu o fraude que se lle acusa e que supón un impago de máis de 150.000 euros.

    Esta baixa chega días despois de que o Secretario Xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, declarase nun comité de dirección do partido que o rexedor de Portas non podería seguir á fronte deste Concello baixo as siglas do PP se finalmente se recoñecida que existira o delicto fiscal que se lle imputa.

    Unha vez que o PP Galego recibe esta proposta e a acepta, a cúpula do Partido asegura que nesta situación están pechadas as responsabilidades do PP e que, así as cousas, lles é difícil actuar sobre os dirixentes que deixan de estar afiliados a esta formación. Canalriasbaixas púxose en contacto co Alcalde afectado, Roberto Vázquez, quen asegurou que a súa postura inamovible é a de non facer valoracións sobre este suceso.

    Un caso ben semellante ó do ex-alcalde de Santiago, Gerardo Conde-Roa; cun final distinto: en Santiago o caso persoal do rexedor afectoulle o seu cargo; porén no caso de Portas poderá seguir gobernando como grupo non adscrito.

    Redacción Salnés