O comercio ribeirés sufre unha vaga de pequenos roubos

    rouboupi_100_280807.jpgRIBEIRA > Varios establecementos comerciais foron vítimas nos últimos días de pequenos roubos nos que os ladróns utilizaron o mesmo método.

    Para acceder ás instalacións, os vándalos romperon os cristais cunha pedra e unha vez no interior levaron consigo diverso material e diñeiro en efectivo.

    Se durante a fin de semana foron unha academia, unha inmobiliaria e unha axencia de viaxes as que recibían a desagradable visita dos ladróns, o luns tocoulle o turno a unha tenda de material informático situada no centro de Ribeira.

    Os ladróns, ó igual que noutras ocasións, romperon os cristais cunha pedra e unha vez dentro levaron consigo a caixa rexistradora. Nestas fotografías poden observar o estado en que quedou a porta do establecemento, despois dos impactos causados pola pedra de grandes dimensións que tamén se aprecia nas imaxes.

    Pouca discreción

    Os delincuentes non fixeron gala de moita discreción posto que cometeron o roubo ás tres da tarde, ante a mirada de moitos veciños que sairon á fiestra alertados polo forte estruendo que causaron os impactos coa pedra no cristal.

    A pesar dos destrozos materiais, o responsable de UPI considera que os danos poderían ter sido moito máis graves xa que os ladróns, aídna que levaron consigo a caixa rexistradora, non subtraeron nada do material informático, de gran valor, que almacenaba no establecemento.

    Grazas á colaboración veciñal, a policía puido obter unha descrición dos dous asaltantes e na actualidade traballa para proceder á súa detención.

    Redacción Barbanza