A Regata das Illas Atlánticas internacionalízase para ser un referente

    CAMBADOS> A sétima edición da Regata das Illas Atlánticas xa ten data. O evento celebrarase os días 22, 23 e 24 de agosto e o Club Náutico de San Vicente do Mar agarda superar a participación do ano pasado, facendo da cita unha referencia en materia de barcos clásicos e de época.

    O Náutico de San Vicente do Mar aspira a consolidar a súa Regata das Illas Atlánticas como un referente a nivel mundial.

    Nesta sétima edición, prevése que a regata supere a participación do ano pasado, que xa contou con 32 embarcacións procedentes de Francia ou Portugal. Ademais, este ano ampliaranse as categorías.

    O evento é froito dunha importante colaboración público-privada, unha liña que dende a Xunta queren impulsar. A administración autonómica tamén ve neste evento unha importante promoción para Galicia e para as Rías Baias como lugar de referencia en turismo náutico.

    A cita celebrarase os días 22, 23 e 24 de agosto; unha última xornada na que haberá un acto de clausura e entrega de premios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/13/ptac_regata_illas_atlanticas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/13/ptac_regata_illas_atlanticas.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí