VILAGARCIA> O Partido Popular de Vilagarcía continuará loitando por manter o cuartel da garda civil na vila. Os populares sairán as rúas a recoller firmas para intentar que o Ministerio de Interior mude a súa decisión. Tanto a formación como algúns veciños consideran que a vila estará máis segura coa benemérita.
O Ministerio de Interior anunciou en decembro a súa intención de unificar os cuarteis de Cambados e Vilagarcía. Con esta medida o corpo vilagarcián trasladarase ao novo cuartel da Mercé de Cambados. Unha decisión que non gustou ao Partido Popular da capital do Salnés. Os populares levaron a pleno unha moción para manter a benemérita na vila que non prosperou. Agora a formación que lidera Alfonso Gallego sairá as rúas para recoller firmas buscando un apoio contra este traslado. Son moitos os vilagarciáns que mostran o seu apoio.
En dito pleno, os populares recordaron ao goberno local que a criminalidade non deixa de aumentar. Os vilagarciáns enquisados tamén consideran que avila estaría máis segura mantendo a garda civil.
A pesar do traslado, dende o Ministerio de Interior anunciaron que a garda civil reforzará a súa presenza en Vilagarcía no ámbito das súas competencias: servizos fiscais e de fronteiras. A seguridade cidadá manterase nas mans da Policía Nacional e da Policía Local.