O circuíto de automodelaxe de Fontecarmoa foi atacado por vándalos

automodelismo_fontecarmo_100_280807__still_001.jpgVILAGARCÍA > O circuíto de automodelaxe de Fontecarmoa foi atacado a pasada semana por uns vándalos que provocaron destrozos

… nas instalacións. Esta non é a primeira vez que acontece polo que o club que adestra alí pide axuda ós veciños para descubrir ós culpables.

A pasada semana uns vándalos entraron no recinto do circuíto provocando desperfectos na cuberta de boxes. Cuberta que o Club Team Pitufo, que adestra alí, colocara nova o pasado mes de xuño. Tamén foron danadas outras partes das instalacións coma dúas papeleiras, os estantes das emisoras do podio de pilotaxe e a cuberta e os tubos de delimitación da pista.

O circuíto de automodelaxe de Fontecamoa mantense dos recursos do Club Team Pitufo R.C. e das axudas que este recibe da Fundación de Deportes polo que serán eles os encargados de arranxar os destrozos.

Esta xa non é a primeira vez que uns vándalos destrozan as instalacións polo que dende Club piden que se alguén viu algo llo comunique á policía local ou á fundación de deportes.

Redacción Salnés